Fortalezas

Alterar Idioma

De acordo co anteriormente exposto, enténdese que a defensa fronteiriza se baseaba na existencia de pares opostos ou conxuntos fortificados que se “observaban” dun lado e doutro da fronteira, “Valença fronte a Tuy, Monção opuesta a Salvatierra y, río abajo, Villanova de Cerbeyra y Caamiña contrarrestando a Goyán y La Guardia, constituían la cadena de fuertes en la frontera del bajo Miño27 

Estes sistemas fortificados defenden tramos concretos do río Miño, polo que teñen, en moitos casos, unha profunda relación coas zonas de pasaxe natural (como pode ser o corredor existente entre Porriño - Tui - Valença), ou lugares onde existiron puntos de travesía e ligazón sobre o Miño (como é o caso das pontes de barcas como a que unía Salvaterra a Monção ou a de Goián - Vila Nova de Cerveira - São Lourenzo). Curiosamente, moitos destes puntos de ligazón e pasaxe principais, manteñen ligazón cos elementos que na actualidade exercen función idéntica (Tui - Valença). 28

Noutros casos tería sido o propio contexto histórico a determinar o agrupamento das fortalezas en zonas ou sistemas, debido á súa proximidade xeográfica ou por formaren parte dun sistema defensivo único, como no caso do Forte de Medos e do de Amorín. Estes son construídos como defensa de Tui, polo lado Oeste, perante a ocupación do sistema de Goián por parte dos portugueses, logo asócianse a este último. No caso do Forte de Amorín, alén da defensa da Praza de Tui, ten tamén unha función de protección dos camiños de comunicación.

27 in Rodríguez-Villasante, p.94; 28 in Plano Director das Fortalezas Transfronteiriças no Tramo do Baixo Minho, p.19