Torre de Fornelos

Alterar Idioma

A construción, na marxe esquerda do río Ribadil, da Torre de Fornelos, ou Crecente, parece ter sido motivada pola necesidade de controlar a pasaxe ao interior da Galiza, polo val dese río. A súa implantación permite obter un control visual do contorno, ao estar situada sobre un outeiro, así como do río Ribadil.

En 1158, documéntase a existencia en Fornelos dunha Torre e casa forte. No entanto, o seu carácter eminentenente interior deixouna lonxe dos principais teatros de guerra.
Deste complexo, construído na Baixa Idade Media, apenas se conserva a Torre de Homenaxe e algun vestixio do foxo e dos muros. As recentes investigacións e actuacións arqueolóxicas no contorno inmediato da torre confirman a presenza de construcións adxectivas relacionadas con dependencias domésticas sen determinar.

A Torre, implantada sobre un outeiro do lado Este, presenta unha planta cuadrangular, con cerca de 10m de lado e unha espesura de muros que se aproxima aos 2m. Esta reducida espesura reforza a idea de que, orixinariamente a Torre estaba rodeada por un foxo e por unha muralla exterior. A súa altura é diferenciada, alcanzando, polo lado Leste (onde debido á configuración do terreo un ataque sería máis probable) 19m, namentres do lado oposto apenas chegua aos 11m.

Nos muros interiores encóntranse indicios da existencia de 3 pisos, situándose unha porta de arco pleno (configuración idéntica à das troneiras) ao nivel do primeiro piso, accesible polo interior da parte residencial. No alzado Sur abríase unha segunda porta, desta feita á altura do segundo piso, á que se accedería desde o adarve, mediante unha porta levadiza. Esta segunda porta daba acceso ao segundo e terceiro pisos, os cales quedarían selados no caso de ataque. Un matacán, situado mesmo por riba da entrada, defendía esta porta, función na cal era auxiliado por dúas seteiras colocadas ao nivel do primeiro e terceiro pisos.

A existencia de modillóns no alto da Torre comproba a existencia dun adarve saliente o cal tería o seu correspondente parapeto ameado. Polo lado Norte constátase a existencia dun pequeno corpo, menos saliente, que, probablemente, constituiría unha latrina.

A torre viuse alterada polo seu abandono, o que provocou a perda da cobertura, o que, á súa vez, levou à ruptura do seu canto Sudeste. Nalgunhas zonas obsérvanse importantes fendas, sobre todo próximas dos cantos. Perdeuse tamén a estrutura interior da torre e o alpendre, forma do de seguro con material provinte da desmontaxe das dependencias residenciais orixinais, foi eliminado nas recentes actuacións de consolidación, que permitiron a consolidación da fábrica e a súa estabilidade.