Fortaleza de Monção

Alterar Idioma

Durante as Guerras da Restauración, a fortificación de Monção asumiu un papel preponderante no rumbo dos acontecementos históricos. Foi amplamente intervida, para permitir a defensa dunha das pasaxes máis ambicionadas para a invasión, tendo nesa fase adquirido a dimensión e conformación da cal hoxe restan os elementos coñecidos.

Nas fortificacións de Monção podemos distinguir claramente dous aspectos ben diferentes aínda que igualmente importantes:

• Un núcleo de orixe medieval, do que aínda subsisten algúns panos de muralla, e unha Porta, na cortina virada a Norte. A Porta, mantén aínda intacta a forma circular case perfecta da muralla inicial, reforzada pola barbacá tamén circular, conforme atestan os deseños de Duarte D’Armas; en especial a planta, ben evidenciada nas dúas vistas.
A muralla que envolve as casas presenta dúas portas diametralmente opostas. Xunto a unha delas, destácase a Torre de Homenaxe pegada ao propio muro, que ten de altura cerca de 13,2m, e que está en mao estado, tal como os restantes muros aos que faltan ameas en diferentes sitios. A altura da muralla da vila é de 8,25m e ten de grosor 2,42m. A barbacá ten de altura 3,3m e idéntico largo. O “baluarte” que protexe a porta aberta a Poñente ten 6,6m de altura, e o que se orienta para o val presenta 4,84m. A torre xunto ao río, posiblemente próxima do lugar, hoxe coñecido como Pozo da Couraça, destinada ao abastecemento de auga, ten cerca de 10,45m de alto. A súa base presenta forma cadrada con 9,9m de perímetro. Na planta obsérvase que a torre se encontra directamente ligada á coiraza, podendo formularse a hipótese de que existiría unha pasaxe subterránea de ligazón. Refire Vilalobos, no rodapé da súa planta, do inicio do século XVIII, que a muralla antiga foi toda demolida, no momento da construción da actual fortificación. Débese interpretar que se refire a quela que non foi preservada ao ter sido integrada na nova construción, como xa antes se referiu, sabendo tamén que a pedra da muralla antiga foi reutilizada, o que é visible en varios lugares polo tipo de cantería aparellada tipicamente medieval.

• Unha fortificación abaluartada do século XVIII, que mantén
practicamente a súa configuración. Considérase que as obras exteriores nunca foron totalmente concluídas (por exemplo, as contra-escarpas), porén a escavación e o perfil do foxo son visibles no contorno de grande parte da fortificación, en especial no lado Sur. Esta fortificación, que delimita parcialmente o núcleo histórico máis antigo, abrangue unha grande extensión, integrando un pequeno val onde existía a Fonte da Vila, e indo ocupar a liña do cume das colinas que se encontraban en fronte. É claramente unha construción que se adaptou ás características da topografía da vila existente, continuando todo o lado Norte, sobre o río, con pequenos baluartes de pequena dimensión, aínda que a posición elevada sobre o río impedía calquera acceso. No restante circuíto, deseñado de novo, e cas condicionantes da topografía do terreo anteriormente mencionados, quedou englobado un vasto perímetro exterior, no que se deseñaron baluartes de dimensións xenerosas, coas respectivas falsas-bragas. A finais do século XIX foron demolidas as Portas do Sol e a de S. Bento, na secuencia de obras de alargamento viario en zonas de expansión urbana, e facilitando as principais vías de entrada e saída da vila, respectivamente a Valença e Arcos, e en dirección a Melgaço e á fronteira de S. Gregorio. Mantéñense integramente a Porta de Salvaterra, a Porta do Rosal coas súas casamatas, e o Postigo das Caldas. En conclusión, pódese destacar o feito de que a Praza-Forte de Monção exista aínda, en grande parte intacta no seu conxunto. Consérvanse grande parte dos baluartes, dos panos de muralla, rompidos polas vías de comunicación, e da Porta de Salvaterra - así denominada, por se encontrar orientada á vila galega co mesmo nome, asegurando a ligazón ao río - e da Porta do Rosal, que indica o camiño a Valença.

O estado de conservación do contorno máis próximo, no que respecta á marxe galega do río Miño, é mao xa que se encontran no lugar, empresas de extracción de inertes en funcionamento, de impacto altamente negativo. A marxe portuguesa encóntrase nun estado de conservación regular, as veces por zonas de galería ripícola, máis ou menos ben conformada, ou sen uso definido debido ao abandono da agricultura. A autenticidade do contorno, foi de certo modo alterada coa construción das infraestruturas rodo e ferroviarias que conduciron á destrución de diversas portas e zonas da muralla.