Desde os tempos medievais, o Castelo de Penha da Rainha afirmouse como punto estratéxico de observación dun vasto territorio, onde o río Miño chegaría a xurdir como liña de fronteira. Este factor engádelle maior importancia, como elemento integrante dunha paisaxe cultural que urxe preservar.
Sitúase no Monte de S. Martinho, a unha altitude aproximada de 473m, destacándose sobre o val do río Gadanha. Os accesos son de difícil progresión, xa que para se adaptaren á orografía abrupta, as estradas en terra batida, seguen o desenvolvemento das curvas de nivel.
«No principio deste pináculo hai unha caverna de pedras naturais, capaz de recibir dez homes (...); máis arriba ten outra concavidade polo mesmo modo con auga nativa, capaz de recibir dentro douscentos homes, à cal se van seguindo outras concavidades (...) na parte máis elevada estaba a torre (...); É moi costoso subir ao alto onde a fonte está; e para ir arriba vaise por unhas escadiñas, que están feitas na mesma peña, na cal dunha e doutra parte se divisan unhas rasguras nas pedras, que parecen ter servido para descanso dalgunhas trabes. » 35
Chámase a atención da proximidade de pedreiras, cuxa actividade inclúe a utilización de cargas explosivas, indutoras de movimentos no terreo, que poden interferir na estabilidade dos muros, que constitúen os Castelos de Penha Rainha e Fraião. O estado de conservación do contorno é mao, xa que a pesar das potencialidades do lugar - como zona de lecer, de interese cultural, onde o sistema de vistas existente podería ser potenciado - o impacto das pedreiras é grande para que este espazo poida existir como espazo de recreo, cun mínimo de calidade ambiental e paisaxística. A autenticidade e integridade do contorno encóntranse deste modo ameazadas.
Ademais aínda son escasos os estudos e investigacións de carácter arqueolóxico, que permitan identificar e salvagardar debidamente a memoria destes lugares, e coñecer con máis detalle a súa importancia histórica para a defensa e poboamento deste territorio.
35 in Almeida, Soeiro e Barroca, p.57