“O Castelo de Fraião, fortificación medieval que presidiu aos destinos do Xulgado de Fraião, erguíase na orla Norte da Serra da Boalhosa, no chamado Alto das Furnas ou (...) Alto do Avelão. Trátase dun impresionante conxunto de batolitos graníticos que se destacan ben na paisaxe e ofrecen condicións naturais de defensa, presentando un campo de visión privilexiado e dominante sobre as terras baixas e fértiles ata á fronteira do Miño e mesmo para alén do curso deste río, polo territorio da Galiza.” 34.
A implantación do Castelo de Fraião deriva así, esencialmente, do feito deste ser un punto de vista privilexiado, cun sistema de vistas de grande valor xa que de aquí é posible abarcar todo o val do Miño e mesmo as serras galegas. Este lugar de vixía constituiría simultaneamente un reduto de defensa en épocas de combate.
O estado de conservación do contorno é considerado mao xa que a pesar das potencialidades do lugar o impacto das pedreiras é grande, especialmente no que respecta á pedreira localizada xunto ao Castelo da Penha da Rainha. A autenticidade e integridade do contorno encóntranse deste modo ameazadas. Os accesos son de difícil progresión, xa que para se adaptaren á orografía abrupta os camiños, en calzada de granito e con largura para apenas un sentido, seguen o desenvolver das curvas de nivel.
O Castelo de Fraião non está abranxido por ningunha clasificación, nin eventual zona de protección, para a salvagarda do patrimonio quer de ámbito arquitectónico quer arqueolóxico.
Considérase de toda urxencia que se promovan os estudos necesarios para a definición dun perímetro a clasificar, ben como a delimitación dunha zona de protección que teña en consideración os aspectos de encadramento paisaxísticos.
34 in Almeida, Soeiro e Barroca, p. 311