Metodoloxia

Alterar Idioma

O Plano Director Conxunto das Fortalezas Transfronteirizas do Val do Miño, tal como foi anteriormente referido, ten por base dous planos anteriores: o Plano Director das Fortalezas Transfronteirizas do Val do Miño e o Plano Director das Fortalezas Transfronteirizas do Baixo Miño, polo que foi necesario encontrar unha metodoloxía axustada á análise conxunta e uniforme de información recollida, segundo abordaxes e metodoloxías distintas.
Neste ámbito, o Plano Director das Fortalezas Transfronteirizas do Val do Miño, presenta dúas vertentes:

• Investigación documental que permitiu unha relación
bibliográfica e documental susceptible de fornecer elementos que enriquecen o coñecemento da evolución das estruturas fortificadas ao longo do tempo. Así como a súa valorización nun contexto máis global, ou sexa, que estes bens culturais fosen entendidos en función non apenas da rexión onde se inclúen - o val do Miño - senón tamén como elementos fundamentais para a comprensión de situacións máis vastas e complexas.

• Diagnóstico ambiental, urbanístico, arquitectónico e estrutural, analizando e rexistrando a situación actual dos monumentos.

En termos interpretativos, este Plano Director fundaméntase nunha abordaxe na que se dá maior relevancia a parámetros como o contorno do monumento, a súa descrición arquitectónica, a identificación das principais patoloxías estruturais e construtivas. Aínda que se trace unha breve evolución histórica dos monumentos, priviléxianse aspectos de conservación e protección xurídica, do monumento e do seu entorno, propóndose medidas cautelares urxentes. A cuestión da zona do entorno asume unha importancia destacada, xa que se considera un elemento esencial para a protección do monumento.

O Plano Director das Fortalezas Transfronteirizas del Baixo Miño parte igualmente de:

• Unha análise documental intensiva, incidindo tanto nunha perspectiva histórica, como tipolóxica e construtiva; unha análise da documentación fotográfica histórica e contemporánea, a través da cal se poden apreciar niveis de conservación/ degradación dos monumentos.

• Unha relación cartográfica de tódolos monumentos.

• Nunha segunda fase é realizada a análise individualizada
de cada unha das fortalezas, incluíndo unha memoria histórica, unha memoria descritiva e un diagnóstico arqueolóxico, orientado ao establecemento dunha estratigrafía completa de todo os monumentos.

Tendo en conta a orientación distinta de ambos os dous Planos, considerouse como abordaxe máis adecuada nun Plano Director Conxunto resaltar os elementos comúns aos dous planos. Así, despois dun breve encadramento ambiental e descrición histórica, na que se procura esencialmente resaltar os momentos históricos comúns, realizarase unha descrición das principais fortificacións, salientando os aspectos que lles imprimen identidade histórico-cultural.